Lei orgánica de cláusula de conciencia

Lexislación

Lei Orgánica 2/1997, de 19 de xuño, reguladora da Cláusula de Conciencia dos Profesionais da Información (BOE de 20 de xuño).

1.- A clásula de conciencia é un dereito constitucional dos profesionais da información que ten por obxecto garantir a independencia no desempeño da súa función profesional.

2.- Ó abeiro da cláusula de conciencia os profesionais da información teñen dereito a solicitar a rescisión da súa relación xurídica coa empresa de comunicación na que traballen:

a) Cando no medio de comunicación co que están vencellados laboralmente se produza un cambio sustancial de orientación informativa ou liña ideolóxica.

b) Cando a empresa os traslade a outro medio do mesmo grupo que, polo seu xénero ou liña, supoña unha ruptura patente coa orientación profesional do informador.

2.- O exercicio deste dereito dará lugar a unha indemnización, que non será inferior á pactada contractualmente ou, no seu defecto, á establecida pola Lei para o despido improcedente.

3.- Os profesionais da información poderán negarse, motivadamente, a participar na elaboración de informacións contrarias ós pricipios éticos da comunicación sen que elo poida supoñer sanción ou perxuicio.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA

Única.- Quedan derogadas todas aquelas disposicións que se opoñan ó establecido na presente Lei Orgánica.

DOISPOSICIÓN FINAL

Única.- A presente Lei Orgánica entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no "Boletín Oficial do Estado".