Biografía

Xan Morales Somoza naceu en Ferrol (1967). Traballou en prensa, radio e televisión. Foi redactor deportivo da Emisora Municipal de Fene (Radio Fene) onde presentou e dirixiu durante 15 anos un carrusel deportivo local en lingua galega chamado “Volta á Ría” (1996) e que foi un dos primeiros carruseis locais en Galicia e en galego. Tamén realizou varios programas radiofónicos nas Emisoras Municipais Galegas. Traballou como coordenador de deportes da publicación semanal “O Comarcal”, publicada en Pontedeume (2.000) e dirixiu os xornais dixitais “voltaaria.com”, de información deportiva de Ferrolterra, e “axogada.com”, de información deportiva galega. “A xogada” recibiu o premio “Galicia de xornalismo deportivo 2013”, sendo o primeiro premio no eido dixital outorgado pola Federación Galega da Prensa Deportiva. Foi responsable de comunicación da Federación Galega de Fútbol en 2014 e traballou como redactor deportivo de “Novas Tv”, unha canle de televisión local de Ferrolterra a finais dos anos 90.

 

Xan Morales presidiu o Club de Prensa de Ferrol (2005-2013) e no seu mandato a entidade ferrolá recibiu o Premio Galicia Comunicación (2016) da Xunta de Galicia. Durante o seu mandato ao frente do Club de Prensa consolidouse a revista “Ferrol Análisis” como unha das publicacións de cultura e pensamento máis importantes producidas en Galicia e tamén se asentou a exposición de fotoxornalismo “Galicia en Foco”, que percorre todo o país cos traballos dos compañeiros gráficos. Impulsó un clásico universitario no verán galego como é o curso de verán “Carlos Gurméndez”. Morales é membro do Pleno Territorial do Colexio de Xornalistas de Galicia dende a súa fundación e participou no deseño, planificación e organización do premio “José Couso” de Liberdade de Prensa.