Biografía

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Empezou a súa andaina profesional no xornal El Ideal Gallego, facendo prácticas. Traballou nos comezos de Tele5 en Galicia, a través da produtora Atlas. É xornalista en RTVE, na unidade informativa de A Coruña, onde desenvolveu case toda a carreira profesional. Desempeña a función de redactora nos servizos informativos, tanto territoriais coma nacionais, dende hai 20 anos.