[07/07/2010] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar a súa satisfacción pola decisión do Tribunal Supremo de ordenarlle á Audiencia Nacional a reapertura da investigación pola morte do cámara galego de Telecinco, José Couso, no Hotel Palestine de Bagdad, en abril de 2003.
O CPXG xa expresara a súa protesta en xullo de 2009, cando a Audiencia Nacional revogou por segunda vez o procesamento de tres militares estadounidenses e ordenou o peche do caso, ó entender que esta medida deixaba na impunidade a morte de Couso.© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.