[29/07/2010] O xuíz Pedraz ordena busca e captura e ingreso en prisión para os tres militares estadounidenses sospeitosos da morte de José Couso, e pide autorización ao CGPJ para viaxar a Iraq entre outubro e novembro para facer unha inspección ocular de lugares dos feitos.
O Tribunal Supremo ordenou este mesmo mes á Audiencia Nacional que reabrise a investigación pola morte en Iraq en 2003 do cámara de Telecinco José Couso, ao estimar o recurso presentado pola súa familia contra o arquivo da causa.© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.