Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 09 de setembro de 2010 | 07:08

Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Dosieres


Cabeceira de 'O tío Marcos d'A Portela', primeiro xornal en galego da historia

O COLEXIO DE XORNALISTAS LAMENTA O PECHE DO HISTÓRICO A NOSA TERRA

Crise dos proxectos informativos en galego

[03/09/2010] O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche da versión en papel de A Nosa Terra, semanario en galego con máis dun século de historia que deixará de estar nos quioscos como consecuencia da súa precaria situación económica.



José Couso

INSPECCIONARÁ O LUGAR DOS FEITOS

O xuíz ordena deter aos militares sospeitosos de matar a José Couso

[30/07/2010] O xuíz Pedraz ordena busca e captura e ingreso en prisión para os tres militares estadounidenses sospeitosos da morte de José Couso, e pide autorización ao CGPJ para viaxar a Iraq entre outubro e novembro para facer unha inspección ocular de lugares dos feitos.



Xosé Manuel Pereiro (decano do CPXG), Yolanda Sobero (consello de información de TVE) e Fernando González Urbaneja (presidente da APM) na presentación dun manifesto en Maio de 2009 contra os bloques electorais (Foto: Elena Hida

O CPXG LEMBRA QUE TEN PRESENTADO UN RECURSO NO CONSTITUCIONAL CONTRA ESTA PRAXE NOS MEDIOS PÚBLICOS

O Colexio de Xornalistas rexeita a imposición dos bloques electorais nas televisións privadas

[02/07/2010] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) amosa a súa fonda preocupación polo anuncio da Comisión Constitucional de incluir na reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral a obriga para as televisións privadas de emitir bloques electorais.



Rodolfo Irago, xefe de informativos da SER e colexiado do CPXG

O CPXG EXPRESA A SÚA SATISFACCIÓN

Anido e Irago, absoltos do delito de revelación de segredos

[18/06/2010] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar publicamente a súa satisfacción pola sentenza da Audiencia Provincial de Madrid que absolve ao director da SER, Daniel Anido, e ao director de Informativos, o colexiado Rodolfo Irago, do delito de revelación de segredos e anula a resolución do xulgado do penal número 16 de Madrid.



Manifestación en Barcelona, onde o paro foi masivo nos medios públicos (Foto: Carles Ribas)

O PARO TIVO UN ESCASO SEGUIMENTO, AINDA QUE FOI ELEVADO NALGÚNS MEDIOS PÚBLICOS

Os sindicatos de xornalistas chamaron á folga aos profesionais afectados polos recortes salariais do Goberno

[11/06/2010] A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) expresaron o seu apoio á folga xeral convocada para o pasado martes entre os funcionarios e empregados públicos contra os recortes salariais que o Goberno decidiu aplicar a eses traballadores.



| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes


© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación