Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 17:37

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

CONTRA A EXTERNALIZACION

Mobilizacións en RTVE

[05/02/2010] As asembleas de traballadores de RTVE nos centros madrileños de Prado del Rey e Torrespaña acordaron por ampla maioría a convocatoria dun calendario de mobilizacións que conclúa cunha folga de 24 horas de ámbito estatal.

A lema xeral das mobilizacións é "Non á externalización", e as reivindicacións principais dos traballadores son a recuperación da produción propia e a definición clara dunha política de estabilidade no financiamento da RTVE unha vez que se lle quitou a súa capacidade de emitir publicidade.

Os paros decidido terán data de convocatoria de acordo cos prazos de preaviso que fixa a normativa legal vixente e fixaranse tendo en conta os momentos da programación en que poidan ter maior repercusión.

As mobilizacións prevén concentracións ante o Congreso dos Deputados ás que seguirá unha gran manifestación en Madrid e unha folga de 24 horas que está prevista para o día 3 de Marzo.

Tras o apoio dos centros madrileños, nestas semanas son os centros territoriais de RTVE os que deciden sobre o seu apoio ás mobilizacións.

FeSP

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación