III Premios de Xornalismo Cepesca
Do ao
Información de contacto:
Confederación Española de Pesca (CEPESCA)
C/ Doctor Fléming número 7-2º derecha
28036 Madrid
premiosperiodismo@cepesca.es
A Confederación Española de Pesca (Cepesca) convocou a terceira edición dos Premios Xornalismo e Sector Pesqueiro Español, unha iniciativa que ten como obxectivo recoñecer o labor dos medios de comunicación e dos profesionais da información na difusión e a mellora do coñecemento da actividade do sector pesqueiro.
O premio conta recoñece os mellores traballos xornalísticos (xornalistas) e o mellor labor de difusión de medios de comunicación (persoas xurídicas) en dúas categorías: "Sector Pesqueiro Español" e "Sustentabilidade e Medio Ambiente na Pesca", ao que se suma unha nova de carácter profesional: "Mellor Fotografía de Actividade Pesqueira". Poden presentarse traballos xornalísticos publicados entre o 15 de xuño de 2018 e o 15 de outubro de 2019, ambos inclusive, tanto en formato escrito (impresos ou en soporte electrónico) como audiovisual. As pezas xornalísticas deberán estar publicadas en español.
Na categoría de xornalistas e fotógrafos, o premio establecido ten unha dotación económica de 1.000 euros e un galardón e, na de medios de comunicación, un galardón honorífico. Os traballos poden enviarse até o 15 de novembro ao enderezo electrónico premiosperiodismo@cepesca.es.
Máis información nas bases do premio.