Premio de xornalismo sobre relixión Piazza Grande

Do ao

A International Association of Religion Journalists (IARJ), xunto á Fondazione per lle Scienze Religiose Giovanni XXIII convoca o Premio de xornalismo sobre relixión Piazza Grande no marco da European Academy of Religion (EuARe). O premio busca fomentar boas prácticas en xornalismo sobre relixión, tales como: oportunidade temporal da reportaxe, precisión e equilibrio, sustentación en fontes directas variadas, e contexto histórico e cultural adecuado. 

Acéptanse a concurso traballos publicados entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2019 en medios de comunicación tanto xeralistas como confesionais con prácticas xornalísticas estándar que se editen en países da Europa xeográfica, incluídos Islandia e Rusia, e nos países ribeiregos do Mediterráneo. Cada solicitante pode enviar non máis de tres traballos e aceptaranse pezas dun mínimo de 1.000 palabras (6.000 carácteres) e un máximo de 3.000 palabras (18.000 carácteres). Os traballos a concurso poden ser en calquera dos idiomas oficiais dos países do área designada, a condición de que a candidatura inclúa unha tradución fiel ao inglés ou ao francés.

As candidaturas deben enviarse electrónicamente a través do formulario da páxina web da IARJ até o 28 de febreiro de 2020. O gañador recibirá un premio en efectivo de 2.500 euros e un trofeo.