X Premios Xornalísticos da Asociación de Periodistas Agroalimentarios

Do ao

Información de contacto:

Asociación de Periodistas Agroalimentarios
apae@apae.es

A Asociación de Periodistas Agroalimentarios convoca a décima edición dos seus premios xornalísticos, aos que poden optar todos os xornalistas que desenvolvan a súa actividade profesional en medios españois. 

Os premios teñen tres categorías: unha  xeral, dotada cun primeiro premio de 1.000 euros ao mellor texto con temática sobre agricultura, gandaría e/ou alimentación; unha de "Froitas e Hortalizas", consistente nun premio de 1.000 euros ao mellor artigo con temática específica de froitas ou hortalizas; e a nova categoría "Innovación", dotada cun premio de 1.000 euros para artigos ou reportaxes xornalísticas cuxa temática xire en torno á aplicación das novas tecnoloxías no sector agrario

Podera presentarse un único traballo xornalístico, columna, artigo, crónica, entrevista, reportaxe, etc. por persoa, difundido en español e que fora publicado en calquera medio de comunicación español entre o 11 de setembro de 2019 e o 11 de setembro de 2020. Os traballos orixinais, copias da publicación ou artigos en internet -co hipervínculo correspondente-, deberán ser enviados antes do 14 de setembro de 2020 por correo electrónico á seguinte dirección: apae@apae.es.

Máis información nas bases dos premios.