XXIV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela

Do ao

Información de contacto:

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada
Zona Deportiva s/n 
36680 A Estrada, Pontevedra
fecae@feiradomoble.com

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, o Concello da Estrada e a Deputación de Pontevedra, convocan a vixésimo cuarta edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.

O galardón vaise outorgar ao mellor traballo ou serie de traballos xornalísticos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega en calquera medio de comunicación. 

Poden optar ao premio, cuxa dotación económica é de 1000 euros, os traballos publicados ata o 30 de agosto de 2019. O prazo de recepción remata o 6 de setembro. A resolución do xurado darase a coñecer no mes de setembro e o premio
entregarase na XXXII edición da Feira do Moble de Galicia.

Os autores e autoras ou calquera lector poderán enviar un exemplar dos traballos publicados, no que conste a data de publicación, o/a autor/a e o medio, á sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Zona Deportiva s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra, ou ao enderezo electrónico fecae@feiradomoble.com.

Máis información nas bases do premio.