XXXVII Premios de Xornalismo Rei de España

Do ao

Información de contacto:

Agencia EFE
Avenida de Burgos, 8 B
28036 Madrid

A Axencia EFE e a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe, a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) convocaron a XXXVII edición dos Premios Internacionais de Xornalismo Rei de España.

Aos galardóns podense presentar xornalistas dos vinte e dous países iberoamericanos, ademais de países como Angola, Cabo Verde, Estados Unidos, Filipinas, Guinea-Bisau, Guinea Ecuatorial, Israel, Marrocos, Mozambique, Principado de Andorra, San Tomé e Príncipe e Timor Oriental.

Os Premios de Xornalismo Rei de España constan de nove categorías (Prensa, Radio, Televisión, Fotografía, Xornalismo Dixital e Iberoamericano, Ambiental e Desenvolvemento Sustentábel e Medio de Comunicación Destacado de Iberoamérica), cada unha dotada con 6.000 euros e unha escultura en bronce do artista Joaquín Vaquero Turcios. Ademais, esta nova edición incorpora unha nova categoría: o Premio Especial Iberoamericano de Xornalismo Cultural e Desenvolvemento Social..

O prazo de recepción das candidaturas finaliza o 18 de outubro de 2019 e poden enviarse os traballos a través das delegacións da Axencia EFE ou das embaixadas española nos países devanditos, da central da Axencia EFE (Avenida de Burgos, 8 B. 28036 Madrid) ou por correo electrónico a premios@efe.es

Máis información nas bases dos premios.