'Cahiers du cinéma' terá unha edición para España

A revista de cine 'Cahiers du cinéma' reformou o seu aspecto, cun formato máis reducido, mentres prepara para a primavera próxima unha edición para España, segundo o seu director, Jean-Michel Frodon. No editorial da revista, Frodon revela que os propietarios da publicación asinou un acordo cun editor e un grupo de críticos españois para que esta próxima primavera naza 'Cahiers du cinéma España'.
Trátase dunha revista "irmá", en palabras de Frodon, cuxo contido será en parte orixinal e en parte tradución de artigos da edición francesa.

"Trátase do primeiro gran avance do que é xa unha prioridade básica dos 'Cahiers', que é o seu desenvolvemento internacional que coñecerá pronto novos aspectos", segundo o responsable do mensual francés, que chegou ós 619 números.

Así mesmo, os 'Cahiers du cinéma' modificaron o seu aspecto no número de xaneiro, posto que o formato é máis pequeno, "máis manexable, en resposta a un desexo expresado polos lectores", que é o mesmo que a publicación tiña nos anos 80 do século pasado. Tamén se creou unha nova sección dedicada ás tecnoloxías da imaxe.

SANTIAGO DE COMPOSTELA
GALICIA HOXE