O Grupo Planeta supera o 42,6% de Antena 3 mércores, 4 de abril de 2007 O grupo de medios de comunicación Planeta adquiriu nas últimas xornadas máis de 1,83 millóns de accións de Antena 3, para superar desta forma a barreira do 40% do seu capital, e elevalo ata o 42,6%.
Telefónica autoriza tres das ofertas de compra presentadas por Endemol mércores, 4 de abril de 2007 Telefónica autorizou polo menos tres das ofertas de compra presentadas pola súa participada Endemol, valorada en 2.900 millóns de euros, a pasar á segunda fase da poxa, segundo informa o periódico 'The Times' na súa edición 'on line'.
En liberdade o blogger e xornalista independente Josh Wolf tras permanecer 224 días detido mércores, 4 de abril de 2007 Reporteiros sen Fronteiras manifesta o seu alivio ante a noticia da posta en liberdade, o 3 de abril de 2007, do xornalista e blogger independente Josh Wolf, detido en California por un asunto de segredo profesional.
A protesta dos xornalistas palestinos paraliza o Parlamento mércores, 4 de abril de 2007 Ducias de xornalistas bloquearon a entrada ó Parlamento palestino en protesta polo prolongado secuestro do xornalista británico Alan Johnston, o que finalmente forzou a suspensión da sesión.
A Xunta presenta un novo portal que facilita a interacción co voluntariado mércores, 4 de abril de 2007 Un novo portal de Internet para facilitar a "interacción" entre a Xunta e o movemento asociativo galego e que sirva de "punto de encontro para todo o voluntariado", foi presentado onte polo director xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta, Rubén Cela.
O magnate inmobiliario Sam Zell merca o grupo Tribune por 6.165 millóns martes, 3 de abril de 2007 O magnate inmobiliario Sam Zell gañou a batalla para se facer co grupo de comunicación Tribune Company, que posúe importantes periódicos e unha vintena de televisións, por 6.165 millóns de euros.
RSF cualifica de "inicua e perigosa" a condena a 60 días de prisión incondicional ó xornalista ecuatoriano Nelson Fueltala martes, 3 de abril de 2007 Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) deplora a condena a 60 días de prisión incondicional do xornalista Nelson Fueltala, correspondente do diario "A Gaceta" e da emisora "Radio Latacunga", ó que a Corte Superior de Xustiza de Cotopaxi (Ecuador) condenou por "inxurias". Á parte de que é desproporcionada, esta pena representa unha incitación á autocensura.
Salgado presenta o novo catálogo de formación audiovisual para 2007 martes, 3 de abril de 2007 O catálogo de formación audiovisual para 2007, que reúne toda a actividade formativa que oferta a Secretaría Xeral de Comunicación para este sector, foi presentado onte polo responsable deste departamento, Fernando Salgado.
Telefónica inicia a venda de Endemol martes, 3 de abril de 2007 Telefónica comezou o proceso de venda da súa participación do 75% da produtora holandesa de televisión Endemol despois de que o pasado venres acabase o prazo de presentación de ofertas non vinculantes, segundo informaron fontes próximas á operación.
O Goberno chinés pídelle ós periódicos que deixen de esixir diñeiro por publicar noticias martes, 3 de abril de 2007 O Executivo chinés ordenou ós medios de comunicación nacionais que deixen de pedir diñeiro por publicar noticias, unha decisión que se produce apenas un par de meses despois da morte, en circunstancias turbias, dun xornalista a mans dos matóns dunha mina ilegal.