A PDCPA solicita ao Defensor del Pueblo a interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o Decreto-Lei 2/20

A Plataforma de Defensa de la Comunicación y el Periodismo de Andalucía (PDCPA) presentou esta mañá un escrito ao Defensor del Pueblo no que solicita que presente un recurso de inconstitucionalidade contra o decreto lei do Goberno andaluz que modifica, entre outras, a Lei Audiovisual de Andalucía. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia adheriuse á petición dos profesionais andaluces contra un decreto que abre a posibilidade da xestión indirecta do servizo público audiovisual local por parte de entidades privadas, un grave precedente que podería extenderse ao resto do Estado.

A Plataforma de Defensa de la Comunicación y el Periodismo de Andalucía presentou hoxe, 22 de xullo, ás 10:00 da mañá, no Rexistro do Defensor del Pueblo en Madrid, unha solicitude de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o Decreto Lei 2/20. Este decreto pretende desbordar as previsións da Lei 7/2010, Xeneral de Comunicación Audiovisual e abrir, sen competencias para iso, a posibilidade da xestión indirecta do servizo público audiovisual local, co fin de privatizalo sen apoio constitucional. A PDCPA pide ao Defensor del Pueblo que presente recurso de Inconstitucionalidade aos preceptos que propón a Plataforma, para evitar un proceso de posibles "privatizacións" de graves repercusións para o servizo público audiovisual local e un precedente que pode estenderse ao conxunto do Estado.

Malia a que se presentaron outros Recursos de Inconstitucionalidade contra o Decreto-Lei 2/2020 da Xunta de Andalucía que modifica 21 leis e seis decretos, ningún deles reparou na inconstitucionalidade d abrir a posibeilidade da xestión indirecta do Servizo Público Audiovisual Local por parte de entidades privadas, circunstancia que non se atopa amparada pola Lei 7/2010 Xeneral de Comunicación Audiovisual. A reforma da Junta de Andalucía que modifica a Lei Audiovisual de Andalucía aprobada por unanimidad en 2018, permite a emisión de publicidade, incluso a institucional, en emisoras sen título habilitante e exime da obrigación de ter instalacións no territorio de cobertura, entre outras modificacións igualmente graves sobre as que se pide a intervención do Defensor del Pueblo.

A petición ao Defensor del Pueblo solicita que se presente recurso contra preceptos que desde a PDCPA consideran que atentan á xestión directa do servizo público audiovisual por parte das Entidades Locais, como se veu prestando desde fai décadas. Esta circunstancia supón un claro movemento privatizador, de concentración de medios, perda de pluralidade e posta en risco da produción e emisión de contidos locais.

De non seren recorridos estes preceptos e non se suspender cautelarmente a aplicación do Decreto-Lei 2/2020 de mellora e simplificación da regulación para o fomento da actividade produtiva de Andalucía, aprobado o pasado 9 de marzo, estaríase a dar un precedente de cambios normativos que afectan á lexislación estatal e susceptibles de aplicación en calquera autonomía. A transferencia da xestión do servizo público da radio e televisión local a entidades privadas alleas á administración local exceden as competencias da Comunidade Autónoma de Andalucía en materia de Telecomunicacións e invade competencias estatais.

A PDCPA considera que o Decreto-Lei 2/2020 contén disposicións inconstitucionais, por intromisión no ámbito de competencias de regulación e por non se dar a situación de "extraordinaria e urxente necesidade" que require o Estatuto de Autonomía de Andalucía no seu artigo 110 para a súa aprobación.

Forman parte da Plataforma 24 organizacións representativas do sector audioviual e na súa representación asinan a solicitude de interposición polo Defensor do Pobo de Recurso de Inconstitucionalidade:

  • Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE)
  • Asociación de Emisoras Municipales y Ciudadanas de Andalucía de Radio y Televisión (EMA-RTV)
  • Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPA)
  • Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP)
  • Sindicato de Periodistas de Andalucía (SPA)
  • Red de Medios Comunitarios (ReMC)
  • Asociación de Periodistas - Asociación de la Prensa de Almería (AP-APAL)
  • Asociación de la Prensa de Cádiz (APC)
  • Asociación de la Prensa de Huelva (APH)
  • Asociación de la Prensa de Sevilla (APS)
  • Asociación de Usuarios da Comunicación (AUC)

 

CPXG