A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas defende o labor dos xornalistas durante a campaña electoral

A Rede de Colexios Profesionais Xornalistas mostra o seu total apoio aos xornalistas e medios de comunicación que están a cubrir a campaña electoral e lembra a importancia que ten para calquera sociedade democrática a existencia da liberdade de prensa, que garanta o dereito á información que ten a cidadanía.

O importante labor informativo dos xornalistas cobra aínda máis relevancia en períodos electorais, xa que son os encargados de informar os cidadáns de todo o que acontece durante este proceso e facer públicas todas as informacións relacionadas cos partidos políticos que concorren á cita electoral. Por esta razón, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas destaca que os posibles futuros representantes públicos deberían dar exemplo e favorecer a pluralidade informativa para así garantir os valores sobre os que se debe sustentar calquera sociedade democrática, xa que atacar o labor profesional desempeñada polos xornalistas supón un menosprezo ao dereito á información. E iso é precisamente o que está a ocorrer con cada un dos vetos que está a levar a cabo VOX a aqueles xornalistas que segundo o seu criterio os prexudican coas súas informacións, obviando que a única limitación que debe ter un xornalista é o respecto ao código deontolóxico da profesión.

Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita o anuncio de peche de medios de comunicación se Vox chega ao poder, xa que este tipo de ameazas o único que demostran é un interese en reducir a pluralidade informativa que sempre debe existir nunha democracia.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polo nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS