En marcha o novo cambio de frecuencias da TDT
Este mércores iniciase o segundo dividendo dixital para liberar a banda dos 700 MHz, que durará un ano e afectará a toda a comunidade galega agás a provincia da Coruña. As comunidades de veciños afectadas terán seis meses para reconfigura as frecuencias, para o que poderán solicitarse axudas.
Hoxe, mércores 24 de xullo, comeza en Mallorca, Ibiza, Formentera e en 94 concellos de Cáceres o proceso de cambio de frecuencias que liberará a banda dos 700 MHz do espectro radioeléctrico para as redes de telecomunicaciones 5G. A adaptación das frecuencias terá que completarse antes do 30 de xuño de 2020 e afectará ás provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, pero non á da Coruña, que xa están a recibir o sinal por outra banda.
O cambio de frecuencias vén provocado pola decisión da Comisión Europea de reservar a banda dos 700 MHz para as redes 5G e está previsto no Plano Técnico Nacional da TDT, aprobado o 21 de xuño e tramitado por procedemento de urxencia. O plano non está exento de críticas, e o Consello de Estado xa indicou na súa avaliación que debera aproveitarse para regular as emisións en HD e 4K, dado que no 2023 será obrigatoria a emisión en alta definición.
Nas vivendas individuais poderán modificarse as frecuencias resintonizando as canles, mais as comunidades de veciños afectadas precisarán contratar un antenista que reconfigure as frecuencias nun prazo de seis meses desde o aviso do ministerio, con distinto coste dependendo da instalación. Para enfrontarse a esta gasto, o Goberno aprobou subvencións de entre 104,3 y 677,95 euros.
CPXG