Este luns 9 de marzo preséntase a V Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados

O vindeiro luns, 9 de marzo de 2019, vai presentarse a quinta edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 12:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n) en Santiago de Compostela.

O acto vai contar coa presenza de:

  • Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
  • Ramón Mariño, director de Zona de Santiago Cidade de Abanca
  • Belen Regueira, membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

 

Ao remate das intervencións, será presentado o traballo gañador da pasada edición: Entrelinguas.

CPXG