O Colexio de Xornalistas entra este luns 1 de xuño no horario de verán

A partir deste vindeiro luns, 1 de xuño, e ata o mércores 30 de setembro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia funcionará en horario de verán (de 8.00 a 15.00 horas), segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña.

As persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar facéndoo nese horario, ben mediante o enderezo eletrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ó teléfono 981 935 670. Debido á actual crise sanitaria, a atención presencial na sede continúa suspendida, polo que só poderá realizarse, de ser absolutamente imprescindíbel, mediante a concertación dunha cita previa.

CPXG