O CPXG inicia unha serie de entrevistas sobre a cobertura informativa da pandemia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia inicia este venres unha serie de conversas con xornalistas que traballan na cobertura informativa da covid-19, co propósito de salientar o papel do xornalismo na pandemia e de alentar a reflexión conxunta sobre o tratamento informativo da alerta sanitaria.

Estas entrevistas, que contarán cun espazo propio en xornalistas.gal, serán un contido exclusivo para colexiados e colexiadas, á que poderán acceder cos seus contrasinais. Ademais, a través do boletín F5, os colexiados e colexiadas recibirán un avance da publicación cuxo texto completo estará publicada no espazo privado da web.

A serie de entrevistas comeza este venres 22 de outubro cunha conversa con María Piñeiro, xornalista de El Progreso especializada en Sanidade, e autora do manifesto do CPXG no Día da Liberdade de Prensa de 2020.

23.10.2020: María Piñeiro: "Non podemos permitirnos que os lectores se aburran da pandemia".

30.10.2020: David Lombao: "Datos como os casos novos diarios non significan nada sen contexto".

06.11.2020: Dulce García: “Falla o acceso aos datos e tamén a lugares, en certa medida pola incapacidade ou o desinterese dos medios”.

13.11.2020: Tamara Montero: ″Unha incidencia acumulada por si soa non explica unha pandemia″.

20.11.2020: Manuel Rey: “Non todos os científicos son seres de luz, tamén teñen intereses”.

27.11.2020: Jessica Mouzo: "A información da COVID é de todos, non é patrimonio de ningún Goberno".

CPXG