O CPXG suspende temporalmente a atención presencial na súa sede
Ante a situación excepcional que estamos a vivir, e seguindo as recomendacións das administracións autonómica e estatal e en previsión de males maiores para a saúde do colectivo, a partir do luns 16 de marzo a atención aos colexiados e colexiadas realizarase unicamente a través do correo electrónico (xornalistas@xornalistas.gal) e o teléfono (981935670), no horario habitual de oficina, evitando así acudir á sede presencialmente. De ser absolutamente imprescindíbel, podería concertarse un encontro presencial con cita previa.
Asemade, quedan canceladas todas as actividades que o Colexio viña realizando como os obradoiros de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ ata que a situación quede normalizada. A actividade e novidades do CPXG iranse anunciando a través do correo electrónico e na súa páxina web xornalistas.gal.
Agradecemos a colaboración agardando que esta situación non se prolongue moito no tempo.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia