Prezo especial para colexiados no servizo de asesoramento de Freelance Press Saving Journalism

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas vén de estabelecer un acordo de colaboración con 'Freelance Press Saving Journalism', en virtude do cal as colexiadas e os colexiados do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poden beneficiarse dun prezo especial no servizo de "Coaching e Asesoría para Freelance".

 

En concreto, os colexiados e colexiadas gozarán dun desconto do 50% sobre o prezo do servizo, polo que a cota mensal será de 5€/mes para os membros do Colexio de Xornalistas. O servizo pretende crear unha comunidade de xornalistas freelance e defender os dereitos destes, ofrecendo consellos sobre formación, prezos, requisitos para traballar como autónomo, procesos administrativos ou financeiros e outra información de utilidade para os xornalistas que traballen por conta propia.

Podes acceder a este e outros convenios na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG