Programa da xornada 'Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos'
Xa está dispoñíbel o programa da xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos, que o Colexio de Xornalistas organiza o vindeiro xoves 28 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avenida de Castelao, s/n), en horario de 9:00 a 19:30. A inscrición na xornada, que é gratuíta, pódese facer a través do seguinte formulario.
DESINFORMACIÓN E AMEAZAS Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN:
Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos
Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019
9.00 horas. Recepción de participantes e Acto inaugural
Intervención de Francisco X. González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
9.15 horas. Conferencia inaugural
O avance da extrema dereita en Europa: Desafío para o xornalismo
- Paolo Berizzi (xornalista en La Repubblica)
Presenta: Francisco X. González Sarria (decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia).
10.30 horas. Panel: As fake news como estratexia informativa
- Marilín Gonzalo (coordinadora da área de contidos dixitais de Newtral.es)
- César Peña (membro do Laboratorio de innovación de RTVE e de Verifica RTVE)
- Patricia R. Blanco (coordinadora do blog ‘Hechos’ de El País)
- Eli Vivas (xornalista de datos cofundadora de Verificat)
Modera: Lara Graña (xornalista de Faro de Vigo).
12.15 horas. Pausa café.
12.45 horas. Panel: Os novos movementos extremistas e como afrontar o fenómeno desde o xornalismo
- Xosé Hermida (redactor xefe de España en El País)
- David Lombao (xornalista e director de Praza.gal)
- María Obelleiro (directora de Sermos Galiza e Nós Diario)
- Virginia P. Alonso (codirectora de Público)
- Xurxo Salgado (director de Galicia Confidencial)
Modera: Fernando Varela (redactor xefe de infoLibre)
14.30 horas. Fin da xornada de mañá
16.00 horas. Conferencia
Facer xornalismo na era da desinformación
- Marta Peirano (xornalista e ensaísta especializada en tecnoloxía do poder)
Presenta: Belén Regueira Leal (membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia)
17.15 horas. Panel: Ameazas para a información no mundo dixital
- Alexandre López-Borrull (profesor agregado dos Estudos de Información e Comunicación da Universitat Oberta de Catalunya)
- Raúl Magallón Rosa (profesor de Xornalismo na Universidad Carlos III de Madrid)
- Dolors Palau-Sampio (profesora titular de Xornalismo na Universitat de València)
- Edita de Lorenzo (Universidade de Vigo, COETG)
Modera: Berta García Orosa, profesora titular da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
18.45 horas. Ponencia de peche da xornada
Os ataques á liberdade de prensa en España
- Edith Rodríguez (Correspondente de RSF Internacional e membro da Xunta Directiva de RSF España)
Presenta: Fernanda Tabarés (xornalista do Grupo Voz).
19.30 horas. Acto de Clausura.
Intervención de Francisco X. González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Entrega de diplomas acreditativos ás persoas asistentes.
CPXG