RSF pon en marcha unha plataforma de axuda sobre seguranza na rede

Reporteiros Sen Fronteiras lanza unha ferramenta, accesíbel na Internet e na deep web, para que as e os xornalistas poidan consultar as súas dúbidas sobre seguranza na rede e recibir apoio e asesoramento contra as ameazas dixitais á información.

Reporteiros Sen Fronteiras vén de pór en marcha unha plataforma na rede de asesoría e apoio sobre seguranza dixital. O servizo conta con información detallada sobre temas como as mensaxes encriptadas, o anonimato, a seguranza nas contas e o trato profesional aos discursos de odio e noticias falsas que poden ser de interese tanto para os comunicadores que traballan en países con censura plada internet como para todos os xornalistas en xeral. A plataforma forma parte do Berlin Scholarship Programme, financiado polo Senado de Berlín para dar apoio a xornalistas en materia dixital.

Nas palabras de Christian Mihr, director executivo de RSF Alemaña, "no traballo xornalístico as ameazas dixitais foron da man coas ameazas físicas. Porén, moitos xornalistas non saben abondo para se protexer a si mesmos e ás súas fontes". Ademais de como sortear a vixiancia e os ciberataques, esta ferramenta quere tamén "ameazas máis suaves como os trolls, os discursos de odio en redes sociais ou as campañas de difamación a través de noticias falsas".

Para facela accesíbel a xornalistas de todo o mundo, sorteando todos os posíbeis intentos de censura, ademais de garantir o anonimato de comunicadoras e comunicadores en perigo, a plataforma está tamén accesíbel na deep web, a través do enlace evitar https://5qlhz3jow7zhxtpx.onion/, accesíbel cun servidor Tor.

CPXG