Xornalismo na Escola "la Caixa" percorre a semana que vén a provincia da Coruña con trece obradoiros en sete localidades
A vindeira semana, 'Xornalismo na Escola "la Caixa"', a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’, centra a súa actividade na provincia coruñesa, trasladándose a centros de ensino da Coruña (luns 25 e martes 26), Cambre (martes 26), Cee (martes 26), Tordoia (martes 26), Santiago de Compostela (martes 26), Cerceda (mércores 27) e Trazo (mércores 27).
O programa didáctico sobre os medios de comunicación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ´la Caixa` concentra a súa actividade de luns a mércores para visitar a semana que vén o IES Rafael Dieste da Coruña, o IES Afonso X O Sabio de Cambre, o IES Agra de Raíces de Cee, o CPI Pecalama de Tordoia, o IES de Elviña na Coruña, o IES de Sar en Santiago, o CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda e o CPI Viaño Pequeno de Trazo. Así, o programa desta nova semana de obradoiros de xornalismo é o seguinte:
- Luns 25 no IES Rafael Dieste da Coruña, entre as 10:30 e as 12:10 e entre as 12:30 e as 14:10 horas. Imparte os obradoiros David Fontán Bestilleiro.
- Martes 26 no IES Afonso X O Sabio de Cambre, entre as 8:30 e as 10:10 e entre as 10:30 e as 12:10 horas. Imparte os obradoiros David Fontán Bestilleiro.
- Martes 26 no IES Agra de Raíces de Cee, entre as 8:30 e as 10:10 e entre as 10:25 e as 12:05 horas. Imparte os obradoiros Susana Bastón Carballo.
- Martes 26 no CPI Pecalama de Tordoia, entre as 9:35 e as 11:15. Imparte o obradoiro Davide Fernández García.
- Martes 26 no IES de Elviña na Coruña, entre as 10:30 e as 12:10 e entre as 16:10 e as 17:50 horas. Imparte os obradoiros Pablo Díaz Bouza.
- Martes 26 no IES de Sar en Santiago, entre as 16:50 e as 18:30 horas. Imparte o obradoiro Susana Bastón Carballo.
- Mércores 27 no CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda, entre as 9:30 e as 11:10 e entre as 11:30 e as 13:10 horas. Imparte os obradoiros Davide Fernández García.
- Mércores 27 no CPI Viaño Pequeno de Trazo, entre as 16:00 e as 17:40 horas. Imparte o obradoiro David Fontán Bestilleiro.
Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a miles de rapaces e rapazas de toda a comunidade. Susana Bastón Carballo, Pablo Díaz Bouza, Davide Fernández García, David Fontán Bestilleiro, Alfonso González Redondo e Edgar Melchor Fernández son os e as xornalistas –todos eles con ampla traxectoria profesional– que están impartindo talleres en distintas localidades galegas.
Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, os seis xornalistas tratarán de fomentar que a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación, así como estimular o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.
Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As tres primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveron con grande éxito no 2016, 2017 e 2018 uns 250 talleres de comunicación nun cento de puntos da xeografía galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade.
A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.
CPXG