DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA DE CALENDARIOS
O SXG publica unha mostra do mellor do fotoxornalismo galego en 2009
[26/01/2010 12:18 - 26/02/2010 12:18] Unha mostra das mellores fotografías publicadas na prensa galega en 2009 acaba de ser publicada polo Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG). Estes traballos ilustran un calendario que o SXG comezou a distribuír de xeito gratuíto nos pasados días.
As fotografías reflicten algúns dos feitos máis relevantes do pasado ano, como, por exemplo, a crise, a folga do metal ou a campaña electoral.
Trátase do quinto ano consecutivo en que o SXG edita o calendario do fotoxornalismo galego. A calidade e capacidade de impacto destas imaxes é unha proba da utilidade dos reporteiros gráficos para transmitir información aos cidadáns.
Os problemas de ser fotoxornalista en Galicia
O Sindicato quere agradecer publicamente a contribución desinteresada dos autores. Todos eles pertencen a un gremio que a miúdo ten que traballar en condicións moi precarias. A pesar da importancia da súa labor, as colaboracións como falsos autónomos, as vulneracións dos dereitos de autor e as agresións durante a cobertura de actos son, desgraciadamente, situacións que moitos fotoxornalistas galegos teñen sufrido na súa pel.
O listado completo de obras incluídas no calendario 2009 do SXG é o seguinte:
* Alvaro Ballesteros, La Voz de Galicia, Bandada de estorniños
* Otto Roca, Freelance, Pedro 'el vasco', usuario dos comedores sociais da Coruña, conversa cun compañeiro
* Gabriel Tizón, El País, Novos galegos
* Miguel Nuñez, Freelance, Noite de calma tras unha xornada de conflictos no metal vigués
* Sandra Alonso, La Voz de Galicia, Primavera no Campus da USC
* José Lóres, Faro de Vigo, Monxas Salesas do convento de clausura de Teis
* Sonia Daponte, Xornal de Galicia, Festa da Prehistoria no Concello de Mos
* Marta G. Brea, Atlántico Diario, Sen teito preparando a comido baixo a autoestrada en Vigo
* Salvador Sas, Axencia EFE, Feijóo nun acto do PP
* Ollala Lojo, Xornal de Galicia, Incendio na fábrica de efectos navais de J.J. Chicolino en Boiro
* Joel Martínez, Faro de Vigo, Asemblea de traballadores do metal en Vigo
* Lalo R. Villar, El País, Richard, Henry y Robert observando un paxaro
Aqueles profesionais interesados en recibir un exemplar desta publicación poden contactar co SXG a través da web. Ademais, a organización está a distribuír lotes de calendarios entre os seus afiliados.
SXG