Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 17:55

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Axenda

Inauguración "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible"

EXPOSICIÓN EN OURENSE

Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible

[08/02/2010 12:35 - 25/02/2010 20:35] A exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", organizada por Agareso e Amigos da Terra, inaugurase o martes 9 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Xuventude en Ourense (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27). A mostra poderase ver ata o 25 de febreiro.

No acto de inauguración participarán Raquel Fernandez, responsable de cooperación de Amigos da Terra; Carlos Puga, autor das fotografías da exposición; e as xornalistas Estrella López e Eva Alonso, quen visitaron os proxectos que Amigos da Terra está a desenvolver no Golfo de Fonseca.

A exposición poderase ver na Casa da Xuventude ata o 25 de febreiro, en horario de luns a sábado de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:30 horas. Próximamente visitará as principais cidades de Galicia.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación