Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Sábado, 04 de setembro de 2010 | 21:15

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Axenda

ATA O 10 DE OUTUBRO NO CGAC

Afro Modern: Viaxes a través do Atlántico negro

[16/07/2010 13:17 - 10/10/2010 13:17] O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugura o venres 16 de Xullo a exposición 'Afro Modern: Viaxes a través do Atlántico negro'.

Comisariada por Tanya Barson e Peter Gorschlüter, a mostra xorde como froito da colaboración coa TATE Liverpool e explora a repercusión de diferentes culturas negras de todo o Atlántico na arte desde principios do XX até hoxe. Desde a influencia da arte africana na produción moderna de creadores como Picasso até a obra de contemporáneos como Coco Fusco, Ellen Gallagher e David Hammons, a exposición reflicte os modos en que os artistas do Atlántico reivindicaron a linguaxe da modernidade, como enérxico instrumento, formulación e afirmación da súa identidade. O acto inaugural da mostra terá lugar ás 20 h. coa performance Nimbo/Oxalá do brasileiro Ronald Duarte. Logo, ás 21.30 horas, actuará o grupo angolano Katembe Project.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación