Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Sábado, 04 de setembro de 2010 | 21:15

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Axenda

Luis Seoane: Antigo guerreiro, 1954. Témpera sobre papel

DÚAS NOVAS EXPOSICIÓNS NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

'Heroes e Guerreiros' e 'Doce Cabezas'

[30/07/2010 12:07 - 10/10/2010 12:07] A partir do 28 de xullo e ata o 10 de outubro, a Fundación Luis Seoane acollerá dúas novas exposicións dedicadas á obra de Luis Seoane: Heroes e Guerreiros e Doce Cabezas.

En Heroes e Guerreiros de Luis Seoane, a través dunha escolla de gravados, témperas e óleos, descubrimos a relación do artista galego coa figura do guerreiro, un recurso temático que Seoane utiliza non só para recrearse no pasado mitolóxico ou medieval galego, senón para afondar nas súas posturas ideolóxicas de xustiza e igualdade. Na sala de exposicións da biblioteca o espectador poderá disfrutar da exposición das xilografías do álbum Doce Cabezas, editado pola Galería Bonino de Bos Aires en 1958 nunha serie limitada de 70 exemplares.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación