Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Sábado, 04 de setembro de 2010 | 21:16

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Cursos

O CURSO DE FORMACIÓN CONTINUA CHEGA A 10ª EDICIÓN

Ciberxonalismo. Produción de contidos para a rede

[28/10/2010 - 27/01/2011 ] O grupo de investigación Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación e Unión Fenosa organizan a décima edición do Curso de Formación Continua en Ciberxornalismo, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Módulo 1: Introdución. O contexto web. Elementos significativos

1. Características Básicos. Hipertexto, Hipermedia, Interactividade. Evolución e perspectivas no deseño.
2. A Web 2.0 e as súas potencialidades. Características. Estrutura e obxectivos. Tipos de entorno. Programas.

Módulo 2: Técnicas de composición e organización dos elementos
1. Análise de necesidades. Determinación de recursos e produtos. Usuarios. Audiencia global e fragmentación.
2. Tipos de deseño. Peculiaridades da ideación. Información. Interacción. Deseño de prototipos.

Módulo 3: Creación de produtos. Modelo básico
1. Aspectos e cuestións esenciais. Proceso de traballo. Elementos da planificación de proxectos. Guía de estilo e guión.
2. O recurso gráfico. A imaxe fixa. Formatos. A cor. Os recursos textuais.

Módulo 4: Sistemas de xestión de contidos. A web mashup
1. Arquitectura e organización. Aspectos que inciden na preparación dunha web.
2. Especificidades do traballo centrado no usuario. Deseño e facilidade de uso.

Módulo 5: Redes sociais
1. Xestión de participación dos usuarios
2. Interacción, converxencia e multimedia

Comentarios: Duración: 3 meses
Tipo de ensino: 50 por cento presencial, 50 por cento non presencial
Prezo da matrícula: 90 euros
2 créditos de libre configuración (todas as titulacións)

Departamento de Ciencias da Comunicación
Avda. Castelao, s/n.
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100, ext. 16522, 16526
Correo electrónico: ccsec@usc.es, marotlo.2008@gmail.com

Horario: Días de clase: Martes e xoves
Horario de clase: 19:00-21:00 horas

Destinatarios: Alumnado da F. de Ciencias da Comunicación e outras
Licenciados en Xornalismo e Comunicación Audiovisual
Xornalistas

Prazas: Número mínimo de alumnos: 13

Datas inscrición: [2010-09-13] - [2010-10-11]

Documentos

Formulario de preinscrición

Texto de intro ao formulario

Lembra que todos os campos son obrigatorios.





Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de Protección de Datos -Lei Orgánica 15/1999, de 13/XII, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 994/1999, de 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados de conteñan datos de carácter persoal-.



© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación