Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 17:43

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

ADVOGOU POR QUE O DIRECTOR XERAL DO ENTE SE ESCOLLA POR MAIORÍA CUALIFICADA

O PSdeG é partidario de limitar a publicidade na CRTVG

[08/02/2010] Así o manifestou en rolda de prensa o portavoz da área Institucional do grupo parlamentario socialista, José Manuel Lage, tras rexistrar unha interpelación na que considera necesario que Galicia conte cunha nova lexislación que regule os medios de comunicación públicos nos próximos cinco meses.

Neste sentido, observou que hai que "ter en conta" o modelo de Televisión Española porque "finiquitou a televisión de partido e abriu o escenario á independencia e o traballo sen presións políticas", e del "temos moitas leccións positivas que aprender" en Galicia, insistiu.

Ademais de limitar a publicidade e protexer a lingua, Lage indicou que habería que introducir elementos de "control", co fin de que a TVG "pase de ser unha televisión de partido a unha televisión na que se visualice o pluralismo político, cultural e social e acábese con prácticas de ocultación de propostas dos grupos políticos da oposición".

Tamén defendeu "favorecer as condicións de traballo dos empregados da CRTVG e a estabilidade e contribución a que os traballadores da CRTVG poidan desenvolver o seu traballo sen presións nin consignas políticas".

O dirixente socialista reiterou as críticas do partido acerca de que o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, foi "posto a dedo" polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha decisión pola que Lage lle cualificou de "trileiro".

Lage propuxo elixir un novo director xeral por maioría cualificada no Parlamento, requisito que estendeu ao consello de administración non renovable tras unha lexislatura.

Preguntado acerca de por que non se reformou esta normativa durante o Goberno bipartito, o portavoz da área Institucional do grupo socialista alegou que non facelo antes "non pode ser un impedimento para que agora deamos este paso adiante", pois "do pasado hai que aprender", concluíu.

EFE

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación