O COMEZO DA FIN DE 'LA VOZ DE ASTURIAS'
O Grupo Zeta deixa a 40 traballadores na rúa nun ERE
[08/02/2010] O ano pasado 15 traballadores do diario asturiano La Voz de Asturias levaron a xuízo ao Grupo Zeta para conseguir un contrato. Estes redactores e fotógrafos gañaron o xuízo e o recurso da empresa perante o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias.
Hai uns días estes 15 traballadores e 25 máis foron despedidos no ERE presentado polo Grupo Zeta ao mercalo o diario
Público.
A partir do 1 de Febreiro,
La Voz de Asturias véndese xunto co diario
Público, sendo esta unha delegación Norte do grupo Mediapro, á que pertence
Público. 40 dos 66 traballadores foron despedidos, entre eles os redactores-xefes e xefes de sección co que pode dicirse que
La Voz de Asturias rematou a súa existencia o pasado 04 de Febreiro do 2010, pasando a depender dun diario foráneo e alleo aos intereses de Asturias.
La Voz de Asturias vai perder definitivamente a súa autonomía, aínda que
Público subliñou que vai manter o seu cabezallo inalterábel.
Os traballadores que gañaron a demanda ao Grupo Zeta queixanse de que a súa demanda fora utilizada para xustificar o ERE, aínda que en realidade parece vir da precaria situación económica do cabezallo (perdeu un millón e medio de euros no 2009), o que fixo que o Grupo Zeta se desinteresara do xornal asturiano, antes de intentar recuperalo.
Os traballadores de
La Voz de Asturias abriron un espacio Facebook onde se pode mostrar o apoio e que conta con máis de 1.400 amig@s.
ARUELU