[26/07/2010] A Axencia de Noticias dos Dereitos da Infancia (ANDI) lanzou a versión en español do portal Cambio Climático, un sitio con recursos para xornalistas que cubran informacións relacionadas con este asunto.
A páxina www.cambioclimatico.redandi.org contén textos, entrevistas, artigos, un glosario e unha biblioteca multimedia con máis de 300 documentos que abordan diversos asuntos relacionados co cambio climático. Moitos deles están tamén relacionados cos debates que se realizarán na Conferencia de Cambio Climático COP 16, que se realizará en novembro en México.
Imaxe do portal
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS