Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 09 de setembro de 2010 | 06:55

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

PSDEG, BNG E SINDICATOS PROPÓN UN SORTEO ENTRE OS TRABALLADORES

A composición do tribunal bloquea as oposicións á Crtvg

[30/07/2010] PSdeG e BNG bloquearon onte a convocatoria das oposicións á Crtvg pola súa oposición a que os membros do tribunal que avaliará as probas sexan nomeados directamente pola dirección do ente público e queden excluídos os representantes dos sindicatos.

A negativa do PP a cambiar as bases que regulan as oposicións, tal e como reclaman socialistas e nacionalistas, deixa no aire a celebración desta oferta pública de emprego.

"A situación é complicada", admite o presidente do comité interempresas, Santiago Alvite. O conflito xurdiu cando a dirección do ente público decidiu excluír aos sindicatos dos tribunais que avaliarán as probas apoiándose en que o Estatuto Básico do Empregado Público impide que os representantes políticos ou sindicais propoñan a designación dos membros destes órganos.

O comité de empresa cuestiona a imparcialidade do proceso se os tribunais son designados "a dedo" polo director xeral da Crtvg, Alfonso Sánchez Izquierdo, cuxo nomeamento non foi ademais froito dun acordo parlamentario senón que foi elixido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. PSdeG e BNG acusaron entón ao presidente de non ter vontade de pacto.

"Hai outras fórmulas para respectar o que di o Estatuto do Empregado Público sen deixalo todo en mans do director xeral da compañía. Pódese facer como no ensino onde os membros dos tribunais elíxense por sorteo entre os traballadores", propón Santiago Alvite.

Con esta postura concuerdan socialistas e nacionalistas, quen onte decidiron no consello de administración da Crtvg votar en contra da modificación do cadro de persoal, para o que se precisaba unha maioría de dous terzos. Ata aprobar estes cambios na relación de postos de traballo, non se pode convocar a oferta pública de emprego que, polo tanto, queda agora no aire.

P. PÉREZ
SANTIAGO

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación