Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Sábado, 04 de setembro de 2010 | 21:44

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

COMUNICADO DO CADRO DE PERSOAL

Vocento ameaza con liquidar a Axencia Colpisa

[30/07/2010] Os traballadores de Colpisa manifestan a súa indignación pola actuación vergoñosa de Vocento, grupo ao que pertence a Axencia, no proceso para a renovación do Convenio Colectivo.

Nas últimas semanas, Vocento está exercendo presións intolerables sobre o persoal. Tras forzar a apertura da negociación aproveitando as vacacións da maioría dos traballadores, a empresa négase a formular proposta algunha por escrito, aínda que de modo verbal esixe un recorte salarial en torno ao 10% e a adecuación sumisa a novas condicións laborais sen especificar.

A pesar da disposición reiterada dos representantes dos traballadores para iniciar unha negociación sobre bases concretas e moito máis realistas -e aínda que dous terzos desa delegación estarán ausentes nos dous próximos meses--, a Dirección esixe un acordo pechado para o 1 de outubro. En caso contrario, Vocento ameaza cun expediente de peche ou extinción da actividade da Axencia.

Tras catro décadas de exercicio xornalístico ben acreditado no panorama español de medios de comunicación, esta é a primeira vez que unha negociación laboral exponse en tales termos de intimidación e falta de respecto ao persoal.

TRABALLADORES DE COLPISA

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación