[12/02/2009] A executiva da UPV manifestou o seu "malestar e indignación" polo tratamento informativo que a radiotelevisión pública valenciana, RTVV, está a realizar sobre o caso instruído para o xuíz Garzón sobre corrupción empresarial, e que implica algunhas contratacións da Generalitat e o PP valenciano. Neste sentido, pide ao ente que recorde a súa función difundir información plural e veraz.
[03/02/2009] EFE vai modificar as condicións dos seus colaboradores externos. E non podía ser en peor momento. A casualidade quixo que o período de adaptación da Lei de Traballadores Autónomos (LETA) expire a mediados deste ano, xusto cando máis despedimentos se están a producir no sector.
[16/01/2009] Dous reporteiros palestinos que traballan para a televisión de Abu Dhabi resultaron feridos ó bombardear o exército israelí diversos edificios da cidade de Gaza, entre eles un centro de prensa.
[18/07/2008] A Comisión Europea (CE) aprobou unha axuda de 150 millóns de euros do Estado francés ao conglomerado da televisión pública, France Télévisions, durante 2008 a fin de reducir o volume de anuncios publicitarios nas súas emisións.
[04/07/2008] Un xornalista do diario de Hong Kong 'Apple Daily', coñecido pola súa liña editorial crítica con China, viu esta semana como lle negaban a entrada en Pequín, segundo denunciou un responsable do xornal.
Anteriores | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Seguintes
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS