[30/07/2010] O Departamento de Estado de Estados Unidos sinalou este xoves que os tres militares estadounidenses presuntamente responsables da morte do cámara español de Telecinco José Couso no Hotel Palestina de Bagdad, cuxa busca e captura ordenou este xoves o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz, foron absoltos polo Pentágono.
[27/07/2010] O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) formulou ao Goberno estatal unha modificación normativa da Lei Xeral de Publicidade que obrigue en que todos os anuncios que se emitan por canles de televisión sexan accesibles persoas con discapacidade.
[17/07/2009] O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) presentou esta mañá no Club Internacional de Prensa de Santiago o ‘Estudo sobre a situación dos e das xornalistas en Galicia’, proxecto que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.
[15/04/2009] O Goberno prepara unha nova lei audiovisual que implicará unha "drástica redución" da publicidade en Televisión Española (TVE), anunciou este martes o presidente José Luis Rodríguez Zapatero, que non precisou de canto será a diminución nin cando se aplicará. Actualmente, as cadeas públicas La 1 e La 2 poden incluír dez minutos de anuncios por hora.
[18/07/2008] Na Asemblea da Asociación Española de Radios Comerciais (AERC) afirmouse que tralas futuras concesións haberá en España perto de 900 novas emisoras e expresouse a "preocupación" diante da posibilidade de que RNE introduza o patrocinio na súa programación.
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS