Técnicas avanzadas de xornalismo escrito

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online Técnicas avanzadas de xornalismo escrito, que se desenvolverá os mércores 8, 15, 22 e 29 de maio. O curso, dunha duración de 10 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

Este curso propón profundar en tres liñas entrelazadas. En primeiro lugar, a revisión dalgunhas das normas fundamentais da redacción xornalística informativa e interpretativa que seguen plenamente vixentes na era da Internet. En segundo lugar, profundar nun conxunto de recursos e técnicas destinados a mellorar a calidade dos textos xornalísticos. E, en terceiro lugar, prácticas e exercicios individuais para mellorar e reforzar as competencias necesarias para titular e redactar noticias, entrevistas e reportaxes.

O curso ten unha orientación eminentemente práctica. Os conceptos expóñense a través de video-leccións e presentacións que inclúen abundantes exemplos. Para aplicar os coñecementos á práctica, os participantes deben realizar unha serie de 8 exercicios que, en conxunto, requiren unha dedicación de entre 5 e 6 horas. O participante dispoñerá de 4 semanas para consultar a documentación entregada, ver os vídeos, realizar os exercicios e presentalos ao profesor, que os revisará de forma individual.

O curso estará impartido por Carles Singla Casellas, profesor titular da Facultade de Comunicación da Universidade Pompeu Fabra (UPF) e director do Mestrado en Dirección de Comunicación da UPF - Barcelona School of Management. Exerceu como xornalista nos diarios Avui e Diari de Barcelona e colaborou con El Temps, El País e La Vanguardia e foi tamén director académico do Centre de Formació i Desenvolupament do Col·legi de Periodistes de Catalunya do 2011 ao 2016.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 70 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa